Páginas

ARTE COMO COMUNICACIÓN.

 No proxecto Trenzas falamos da arte como investigación, como compromiso, como experimentación, ...e hoxe tamén queremos falar de arte como comunicación. De inspiración Reggio Emilia podemos atopar nalgún espazo da escola buzóns como este. Cada neno/a ten o seu "casilleiro" onde vai recibindo correspondencia. En moitas ocasión, esta correspondencia son debuxos, collages...que expresan un cento de sentimentos, de pensamentos...A artes deste xeito, coloniza espazos da vida diaria.
 Moitas veces as palabras non son necesarias, esta obra feita con pedras é tan polisémica como ollos que a observen: pedras no camiño que construiron pobo, casiñas que buscan ser montaña para poder ollalo mar...

A música tamén é comunicación, e esta sumada á ilustración, fan un tandem máxico. Traballamos o tema da migración a través de nanas de distintas culturas.






A través da correspondencia tamén nos comunicamos de maneira poética. Esta é a caixa chea de poesía vidual  que nos chegou dende Valencia. Gozamos construindo e reconstruindo versos.



BUSCANDO REFERENTES, ABRINDO PORTAS A TRAVÉS DA OBRAS DE DISTINTOS ARTISTAS.

 Xa dixemos en distintas ocasións o importante que é ofrecerlle referentes artísticos ao noso alumnado: buscando en libros monográficos, en distintas obras de información, en internet, consultando os fondos da biblioteca...A través das obras de distintos/as artistas traballamos infinidade de aspectos, por exemplo, a sensibilidade e a riqueza da diversidade.



INVESTIGACIÓNS SENSORIAIS, CREANDO CONEXIÓNS CO MUNDO QUE NOS RODEA E CONSTRUINDO OS NOSOS PROPIOS UNIVERSOS.

 Cando investigamos o mundo que nos rodea de forma manipulativa, os nosos sentidos actívanse e multiplican os interrogantes e as cuestións que o propio neno/a se formula creando a necesidade de seguir descubrindo. A arte, é unha investigación continúa (de referentes, de materiais, de estratexias, de diálogos co "eu"...) Cada neno, cada nena...constrúe o seu propio universo en base as experiencias que vai vivindo.






COÑECENDO O CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA: PINTADO A ESCOLA E RÓTULOS DE ESPAZOS.


Pouco a pouco imos pintando distintas zonas do colexio, as escaleiras, as portas, os corchos das aulas...Son novas peles cheas de traballo estético e cooperativo.


 


Os espazos da nosa escola están rotulados con nomes de homes e mulleres do pensamento galego (cultural, deportivo, pedagóxico, musical...) contando co mesmo número de homes que de mulleres.





COÑECENDO O CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA: O NOSO CADERNO DE BITÁCORA (AXENDA-DIARIO)





Este curso a nosa axenda-diario fai unha homenaxe ás Heroínas de Sálvora a través do graffiti que fixemos o curso pasado no patio coa artista Sarah Portela. É un caderno de bitácora onde ademais de ser unha axenda que nos axuda a organizar o noso traballo, ...tamén é un diario no que imos recollendo distintas tarefas, xogos, investigacións....que imos facendo no día a día.  Entre outras cousas,temos un emocionario para expresar como nos sentimos e un rexistro dos almorzos.

IMPORTANCIA DE DEBUXAR DO NATURAL: AS NOSAS PRANTAS, O NOSO XARDÍN INTERIOR.

Este curso as familias do Ceip Heroínas de Sálvora, colaboraron traendo distintas especies de prantas á escola. As prantas son vida, e polo tanto o seu coidado e observación (como medran, como cambian, establecendo similitudes e diferenzas entre as especies...) aportan aprendizaxes signficativas ao noso alumnado a través dun contacto directo co obxecto de estudo.
As prantas tamén son obxecto de estudo artístico. O debuxo do natural permítenos traballar a observación, a asociación, toda a linguaxe plástica...Permítenos dialogar coa tridimensionalidade chea de savia.


COÑECENDO O CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA: O ATELIER.



O curso pasado xa presentamos o espazo común que temos no centro adicado a disintas actividades artísticas. Nas escolas italianas de Reggio Emilia o "atelier" é un espazo, un tempo,  un/aprofesional, unha  filosofía e unha aposta pedagóxica que vertebra e impregna todo o proxecto educativo dos centros. A arte é vida, e polo tanto a súa concepción e tratamento debe ser omnipresente nas escolas.

 Este curso, ademais do "Atelier" compartido, nas distintas clases preparáronse pequenos ateliers, dotándoos de diversidade de recursos sempre a man do alumnado, fuxindo de que os traballos artísticos se resignen a ser anécdotas con materiais pechados nun armario.




Xa son numerosos os/as artistas que están entrando aos atelier das nosas clases: Joan Miró, Picasso, Matisse, Seoane...O atelier visibiliza e intensifica o espazo e o tempo da arte nas escolas.