Páginas

COÑECENDO O CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA: OS AMBIENTES DE APRENDIZAXE.

 Como xa dixemos na presentación deste curso, este ano estamos organIzando moitos espazos do colexio por ambientes de aprendizaxe. Por unha banda, están os ambientes nas distintas aulas e por outra ambientes de dimensións maiores onde traballa todo o colexio. O curso pasado tivemos a oportunidade de observar e sentir este tipo de metodoloxía nas distintas viaxes formativas que fixo o profesorado: a escolas de Cataluña de nova creación, a escolas de italia do sistema educativo de Reggio Emilia, Pistoia e San Miniato.


 Nos ambientes existe gran cantidade de material manipulativo, onde o alumnado vai construindo a súa propia aprendizaxe. A manipulación permite conexións sensoriais, polo tanto dota de maior significatividade os distintos procesos de ensino-aprendizaxe.
 Nas aulas podemos atopar ambiente de comunicación, de ciencias, de lóxica matemática....onde se traballa baixo un prisma de globalización.
 O alumnado comparte espazo e tempo nos distintos ambientes.


Un ambiente común a todo o alumnado é o Ambiente de Construcción, do que iremos mostrando distintas creacións feitas sobre soportes de luz, de area, de espello....