Páginas

A IMPORTANCIA DE DOCUMENTARSE: FONDOS BIBLIOGRÁFICOS SOBRE TEATRO.




Sempre que facemos un proxecto no centro, expóñense aqueles fondos da biblioteca que se relacionan co tema. Aquí temos unha mostra de libros relacionados co teatro, relacionada co Proxecto Trenzas.

COÑECENDO O CEIP HEROINAS DE SÁLVORA VII: CLUBE DE LECTURA

O noso colexio ten un Clube de Lectura que se desenvolve polas tardes na biblioteca.

As veces temos a sorte que nos visita o autor ou autora do libro que lemos como Letidia Costas,



Tamén nos visitou Francisco Castro, cando lemos no clube Chamadme Simbad e Sabela Nuñez Singala ao ler  O Agasallo de Anya.

 

IMPORTANCIA DE OFRECERLLE REFERENTES ARTÍSTICOS II.

Cando facemos proxectos conxuntos as presentacións con referentes artísticos son enviados a todo o claustro para que poidan ser proxectadas en todas as aulas. Este curso, sen lugar a dúbidas, incluiremos nos nosos referentes artistas referentes de terras catalanas e valencianas, trenzando referentes.

A continuación compartimos algunhas presentación que foron traballadas durante este curso:

- Proxecto sobre Maternidades e Paternidades: Primeiro aparecen mulleres chorando porque se relacionan coa conmemoración do Día Contra a Violencia de Xénero e despois maternidades e paternidades, xunto con paternidades no mundo animal.


 - Proxecto do Samaín coa artista Yayoi Kukusama.

 
-Proxecto en Contra da Violenia de Xénero. Obras inspiradas en Milo Lockett.

A CATRO MANS II: RETRATOS E PAISAXES


No blogue de A CATRO MANS atopamos Senecios que fixo cada neno/a a partir da obra de Paul klee.


E paisaxes de mar con regatas inspirados en Theo Van Rysselberghe.
Con estas paisaxes de salitre queremos achegarlle a brisa do mar aos nosos compañeiros e compañeiras de Trenzas.

A CATRO MANS I: XEOMETRÍA E ARTE.

No blogue de 4º de Primaria A CATRO MANS podemos atopar numerosos exemplos de presentacións de obras que están sendo estudadas e reinterpretadas.
Podemos observar máis obras de árbores a partir de Kandisky nesta galería. 

Tamén podemos gozar de composicións como esta nunha galería onde se xogou con distintos elementos da linguaxe plástica: liñas, formas, cores...como fai Kandisky.


ROSALÍAS II: REINTERPRETACIÓN DA OBRA DE LUIS SEOANE.

Para conmemorar o Día de Rosalía e o Día da Poesía fixemos este cartel e autocolante a partir dun fragmento da obra de Luis Seoane. Desexamos compartir coa comunidade Trenzas a unha escritora de referencia como é Rosalía de Castro e un artista como Luis Seoane que soubo reflectir o sentimento galego na súa obra.
Unha actividade que facemos con frecuencia e reinterpretar distintas obras de diversos/as artistas. Recreamonos nelas e reinventámolas profundizando no xeito de crear de cada autor/a. As obras son proxectadas aumentando o seu tamaño para estudar mellor as súas características.





Outros exemplos de reinterpretación son:

COÑECENDO O CEIP HEROINAS DE SÁLVORA VI: HORA DE LER, HORA DE LER SOBRE ARTE.



Despois dos recreos, adicamos unha franxa (de media hora aproximadamente) a ler: poesía, relatos, comics...e tamén libros sobre arte. Podemos observar na foto, por exemplo, como están lendo un libro sobre Mozart. Tamén incluiremos nas nosas lecturas, textos en catalán, por ser protagonista xunto co galego no proxecto Trenzas.

A NOSA MANTELERÍA DE FRAGMENTOS DE OBRAS DE ARTE.




Podemos observar nas fotografías como os manteis dos almorzos son fragmentos da obra de Joan Miró, artista catalán admirado e querido na nosa escola. Artista que nos achega a cultura catalana.

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA "BALEIROS V": "ESTANTES BALEIROS"

"Estantes Baleiros" é unha obra que quere invitar a reflexión sobre a lingua  do etiquetado dos produtos que soemos atopar nos estantes: etiquetas do aceite? etiquetas do champú? etiquetas das galletas?...
 Raramento atopamos etiquetas en galego, ...preguntámonos se os estantes de Valencia e Lleida terán produtos etiquetados en catalán.







DIFUSIÓ DEL PROJECTE

Un dels objectius que ens havíem marcat en el projecte és fer-ne difusió a tota la comunitat educativa.
En aquesta línia hem dissenyat un díptic que vol recollir qui som, què fem i quins són els nostres objectius.
Vam analitzar el nostre Projecte Educatiu,  vam reflexionar sobre els trets i les activitats que ens identifiquen i així va nèixer el nostre díptic.
Després cada escola el va personalitzar amb les seves fotos.
Ens agrada molt com ha quedat. I a vosaltres?

Escola Vilanova de Segrià de Vilanova de Segrià
Escola Blanca de Villalonga de La Portella
Escola El Roser de Torre-serona

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA "BALEIROS IV": "CAIXAS SEN LATEXOS"


 Esta obra, está constituida por caixas baleiras,que o/a visitante da exposición pode abrilas e pechalas, hipotetizando se estarán cheas ou baleiras. É unha obra orgánica posto que sempre está cambiando de forma.


 Partiuse dunha caixa grande chea de caixas, pero caixas baleiras.




Fixéronse infinidade de esculturas efímeras,interacturando coas formas, o material e o concepto de cheo e baleiro.


INTEVENCIÓN ARTÍSTICA: "BALEIROS III": "FLORES BALEIRAS"

 As flores poden ser moi fermosas, pero se están baleiras, se non teñen polen no seu interior, non poderán multiplicarse polos xardíns e as pradeiras. O mesmo pasa co galego. Se non o falamos non pode ser herdado nen gozado por ninguén.


 Para facer estas esculturas de "Flores Baleiras" primeiro xogamos coas caixas sen fondos. Despois foron pintadas.



 A suma de "Flores Baleiras" farán Xardíns Baleiros.

 




Tamén fixemos flores cheas de palabras en galego para que voen co seu polen...