Páginas

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA SOBRE O ALZHEIMER III: ESTACIÓNS


 

Para facer esta obra, inspirámonos na obra de Maruja Mallo. Trátase de sentir como imos perdendo os nosos rasgos de identidade ata resultar ser totalmente irrecoñecible para una persoa con alzheimer. Titulase "Estacións" porque é como un ciclo estacional (Primavera, verán, outono e inverno, onde o branco da neve o cubre todo)
Traballouse esta idea con espellos para sentir máis intensamente as distintas sensacións do transfondo desta obra.


Como se fixo? Xogouse cos espellos e as máscaras. Pintouse as máscaras con acrílicos sobre cartón pluma.


 




INTERVENCIÓN ARTÍSTICA SOBRE O ALZHEIMER II: SERIE NETA


A serie "Neta" consiste nun relato visual, a desmemoria vaise apoderando progresivamente do recordo dun día de pesca coa súa neta, o "vagalume"do final segue sendo o sorriso da neta.

Como se fixo? Presentouse unha serie de catro fotografías idénticas sobre  policarbonato e foise relatando plásticamente a historia que se vai difuminando dun avó con alzheimer.

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA SOBRE O ALZHEIMER I: SERIE DE VAGALUMES








No mes de Xaneiro fixemos unha serie de actividades en torno ao tema do Alzheimer (charlas grazas ao Centro de día de Ribeira, cine,...) Actividades de sensibilización cara esta enfermidade. A nivel artístico fixéronse unha serie de intervencións artísticas. A exposición constou de tres espazos fundamentalmente:
- Espazo expositivo.
-Espazo interactivo.
-Espazo reflexivo.
"Vagalumes da memoria" da título a esta exposición e consiste nunha serie de obras onde as sombras da desmemoria van avanzando. Progresivamente podemos observar como as paixases interiores e exteriores van tornándose negras, chegando a noite da enfermidade.
Como foi feita esta serie?
 - Presentáronse fotografías da comarca sobre policarbonato. Describironse e se plantexou ao alumnado que elementos da paixase non querían que desparecerán.






- Cada neno/a foi escollendo e o resto da paisaxe cubriuse da oscuridade da desmemoria do Alzheimer.


Deseñamos este autocolante e cartel para difundir a exposición (Fragmento da obra de Van Gogh)