Páginas

ESCULTURAS DE JONXTU ARGIBAY





As sereas do escultor de Aguiño Jontxu Argibay, viaxa a terras de Catalunya e Valencia. Na súa páxina podemos coñecer as características da súa magnífica obra.A caixa está chea de interrogacións polas obras de Karel Appel de "nenos/as preguntándose": obras representativas de cada centro, códigos qr que nos leva ao blogue de Trenzas e fios trenzados coas nosas cores. Jontxu tivo a xentileza de gravar o título do noso proxecto na caixa que custodia a serea de Sálvora, colaborando deste xeito na difusión do mesmo.

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA FACES II: RETRATOS CUBISTAS.


 Como xa dixemos anteriormente polo Día da Muller Traballadora estamos facendo varias intervencións na escola. Unha delas é " Faces", onde xogamos coa idea das distintas caras-roles das mulleres na sociedade.Pintamos caixas de zapatos.


 Unha vez xogado coas tapas das caixas pintadas, fixemos distintos rostros inspirados no cubismo da obra de Picasso. 






 

  Despois de facer as composicións pintamos as distintas partes da cara.

   
 

E pintamos a pel dos rostro.









 


OBRA "LABIRINTOS I": CÓDIGOS QR DE CORES.

Como xa dixemos nunha anterior entrada, este curso iniciamos un proxecto de Innovación Lingüística introducindo códigos Qr na nosa práctica educativa. Xogando con esta idea facemos decidimos facer composicións onde estea presente a idea do Labirinto.  Inspirados na obra de Malevich, Mondrian e Oiticica fixemos composicións con táboas de distintas cores, tamaños e texturas.
 MALEVICH

MONDRIAN



 HELIO OITICICA

Coma sempre primeiro xogamos co material, describímolos, experimentamos a través dos sentidos...

 As composicións foron libres e a través de distintos xogos artísticos.

 








INTERVENCIÓN ARTÍSTICA "COSTUREIRAS VIII": XOGANDO COS SHEILA HICKS FEITOS POLAS FAMILIAS.


Esta semana foron chegando gran cantidade dos Sheila Hicks que están facendo as familias.
Coma sempre antes de montar as pezas artística xogamos cos distintos materiais. Na escola tamén facemos Hicks con lás de distintas cores e texturas.


Facemos composicións a través de distintos xogos artísticos.