Páginas

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA SOBRE O ALZHEIMER IX: PETOS-PANEL REFLEXIVO


"Petos" é unha obra, panel de reflexión, feita con caixiñas que simulan ser petos. Petos onde lle metemos notas as persoas con alzheimer para intentar que non se perdan. Cada neno/a escribe nunha etiqueta o que máis lle gustou de todas as actividades que fixemos sobre este tema. É unha obra inspirada en Hantai e Pollock.

O centro de Día trouxo unha árbore na que tiñamos que poñer possits con aquelas cousas das que non nos queriamos esquencer.


 

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA SOBRE O ALZHEIMER VIII: A POÉTICA DA ARRUGA.


Por unha banda temos unha proposta de obra interactiva "Fendas", que consiste nunha caixa chea de teas que hai que ir manipulando para crear distintas composicións, interactuando coa arruga e a súa beleza. Este xogo artístico está inspirado na obra de Piero Manzoni.


 

Observamos e xogamos coas nosas propias arrugas:


 

Outra obra " Pegadas no tempo", inspirada en Simon Hantai, trátase de facer coa técnica da estampación centos de formas a partir de papeis de distinta natureza arrugados.




 

  

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA SOBRE O ALZHEIMER VII: MULLER PEITE




"Muller-Peite" é unha obra interactiva que busca facer unha homenaxe a todas aquelas persoas que coidan de persoas dependetes, e por estadística ás mulleres. O título da obra, Muller-Peite, céntrase no coidado do peitear pola propia carga emocional que conleva. É a cabeza dunha persoa por detrás. Os cabelos son un telón que agocha  unha recopilación de obras de arte relacionadas con persoas anciáns. A técnica de furar no cartón está inspirada nos artistas Antón Lamazares e Lucio Fontana.

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA SOBRE O ALZHEIMER VI: "VAGALUMES".-ESCULTURA ORGÁNICA


 

 

"Vagalumes" é una escultura orgánica feita con papel de pizarra negra. É o negro da desmemoria. Con xiz facemos debuxos, "vagalumes" na memoria e facemos construcións de diversas formas. Os debuxos bórranse igual que no Alzheimer e logo outras persoas volven a debuxar....

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA SOBRE O ALZHEIMER V: SERIE VENTOS.




"Ventos" é unha serie interactiva, onde se xoga coa idea da "intermitencia da memoria"


Esta serie está feita sobre metacrilato. A súa transparencia permite xogar cos ventos da "desmemoria". Xógase interactuando cos elementos e o significado da obra.

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA SOBRE O ALZHEIMER IV: ESCULTURA ORGÁNICA-CUBOS DA MEMORIA




Inspirada na obra de Cubos da Memoria de Ibarrola fixemos esta escultura orgánica. Orgánica porque cambia constantemente de forma e sempre está en movemento. Xógase coa memoria da pel xa que está construída con papeis de diferentes texturas, cunha base tamén cambiante de madeira de cores.