Páginas

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA: ATA QUE A MORTE NOS SEPARE? I


A través da historia de vida e maltratos de Manolo e Maruxa reflexionamos sobre a frase que se asocia aos casamentos: Ata que a morte nos separe ? 







 Preparamos os fondos e debuxamos con carboncillos rostros de novias que se irán difuminando e desdebuxando. Esta intervención está inspirada nunha obra de Matisse.




















OBRADOIROS DE FAMILIAS DE MULLERES DESDEBUXADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.







Este martes 24 de Novembro fixemos obradoiros coas familias contra a violencia de xénero, onde debuxamos simbolicamente ás mulleres desdebuxadas que forman parte das series que estamos facendo dentro deste proxecto (Maruja Mallo, Diego Rivera...) Cada familia colocou as súas obras de arte onde o desexou, construindo deste xeito unha escola sensible coa violencia de xénero entre todos e todas. Moitisimas grazas a todas ás familias do Ceip Heroínas de Sálvora!