Páginas

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA "DESDEBUXAR" VII: SEGUIMOS TRABALLANDO COAS SERIES DESDEBUXADAS, SEGUIMOS ABRINDO INTERROGANTES...





INTERVENCIÓN ARTÍSTICA "DESDEBUXAR" VI: SERIE DE RETRATOS DESDEBUXADOS DE DISTINTOS ARTISTAS.

 Seguimos avanzando no proxecto de DESDEBUXAR. Presentamos series de retratos de muller de distintos/as artistas (Maruja Mallo, Diego Rivera, Matisse...)Estas series presentan retratos de mulleres que se van desdebuxando: desaparécenlle os ollos, a boca, as orellas...Observamos e reflexionamos sobre o que lle vai acontecendo a estas mulleres: quen as desdebuxou, con que as desdebuxaron...? Invetamos unha historia de vida para cada muller desdebuxada.

 








 






INTERVENCIÓN ARTÍSTICA "DESDEBUXAR"V: MONOGRÁFICO DE RETRATOS DE MULLER DE MATISSE.



 Presentamos distintos debuxos de caras de mulleres de Matisse. Despois de observalas iamos comentando que partes da cara lle faltaban. Despois cada quen elexiu unha obra para convertirse nesa muller.

 Pintamos con pastel un retrato de muller de Matisse, "completando" as partes desdebuxadas.



 

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA DESDEBUXAR IV: RETRATOS CON DISTINTAS TÉCNCIAS.











INTERVENCIÓN ARTÍSTICA "DESDEBUXAR" III: INTERPRETACIÓN DE RETRATOS NA HISTORIA DA ARTE.





 Buscamos retratos e autoretratos en distintas fonte de información, facendo as nosas propias interpretacións.


INTERVENCIÓN ARTÍSTICA "DESDEBUXAR" II: DESDEBUXANDO RETRATOS DO NATURAL.




Unha das modalidades de retrato que traballamos foi a partir dunha modelo.  Observamos as súas partes da cara e despois debuxamos un retrato colectivo. Unha vez rematamos "desdebuxamos" cada unha das súas partes da cara hipotetizando que pasaría se lle "desdebuxan os ollos", " as cellas..."

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO I: DESDEBUXAR. Xogando co concepto de "debuxar" e "desdebuxar"













  No mes de Setembro comezamos este proxecto sobre a violencia de xénero, xogando coa idea de "desdebuxar" as distintas partes da cara como metáfora de como unha muller cando sufre o maltrato se lle vai borrando a súa autoestima, van desaparecendo as súas conexións co mundo,....
Traballamos o tema do retrato na historia da arte, buscamos exemplos retratos e autoretratos, observamos as nosas caras...A través de diversos poemas e cancións corporais fumos facendo retratos colectivos e individuais.



Todos os retratos que fixemos teñen nome e unha historia de vida, como cada unha das mulleres maltratadas.



 Fumos reflexionando para que serven cada unha das partes da cara: para que serven os ollos? para que serve a boca?