Páginas

COÑECENDO O CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA: OS FALADOIROS.

Os faladoiros son momentos de gran importancia, tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria. Son tempos nos que falamos do noso día a día, dos nosos sentimentos, sobre os distintos temas de investigación, inténtase resolver conflictos,...Apostar polos faladoiros, é apostar pola lingua oral, pola intelixencia emocional, polo "eu" e polo "nós", pola construcción dunha comunidade educativa inclusiva.


As distintas intervencións artísticas organízanse nos faladoiros. O diálogo, o intercambio de impresións, o traballo artístico multidisciplinar...é fundamental na Educación Artística.




Nos faladoiros tamén compartimos as diversas investigacións que facemos (observacións, búsquedas, entrevistas...):