Páginas

POLIFONÍAS EFÍMERAS: INVESTIGACIÓNS SENSORIAIS.

 Os xogos de construcción e reconstrucción son fundamentais en Educación Infantil e por extensión  na Educación Artística. É moi importante ofrecerlle ao alumnado diversidade de materiais, facendo investigacións sensoriais con eles e buscando espazos de interacción onde vaian establecendo as súas propias relacións, asociacións...para que constrúan polifonías.









POLIFONÍAS DE MADEIRA.

XOGANDO COAS OBRAS DE ARTE, INTERACTUANDO DURANTE TODO O PROCESO DE CREACIÓN.


 



 As obras de arte poden ser escenarios de xogos antes, durante e despois de ser feitas. O proceso de creación debe ser un xogo constante, onde o neno e a nena interactue coa obra en todas as súas dimensións. Estas obras son uns rostros de muller cubistas que estamos facendo dentro da intervención de Costureiras e Faces. As partes da cara convírtense en ventás polas que asomarse e xogar.Ventás polas que descubrir e reinventar o mundo.



FALADOIROS ARTÍSTICOS: TEMPOS E ESPAZOS DE OBSERVACIÓN, REFLEXIÓN, TOMA DE DECISIÓNS...

 A miúdo, observamos as obras sobre as que se están traballando, reflexionamos sobre o propio proceso de creación e decidimos se seguimos intervindo sobre elas. Observamos obras de outros/as artistas e establecemos asocións entre as nosas creacións e a dos/as artistas: cores, formas...Aqui podemos observar un exemplo dun faladoiros sobre os rostros cubistas de Picasso que estamos facendo.




INTERVENCIÓN ARTÍSTICA COSTUREIRAS XI: MÁIS PELES-PARANGOLES.


Seguimos facendo Parangoles inspirados na obra de Calder.




 Xogamos cos que xa están feitos.




INTERVENCIÓN ARTÍSTICA COSTUREIRAS X: PELES- DON HUMBERTO E CARME.



Don Humberto é o xefe dun Departamento moi importante dunha empresa. Carme é auxiliar de Administrativa. Estas chaquetas son a pel de dúas persoas con un curriculum que non se corresponde ao seu cargo. Son "Peles" sociais. Esta intervención busca denunciar esta situación de desigualdades laborais. Busca visibilizar traxectorias formativas e laborais cun teito de cristal para a muller. Esta intervención encádrase dentro da Arte Conceptual, Arte Textil e Arte Povera.




Interpretamos a Don Humberto e a Carme. Falamos e reflexionamos sobre o seu curriculum.


Pintamos as chaquetas. Na de Don Humberto pintáronse ollos con pestanas ASCENDENTES. E na de Carmen ollos con pestanas DESCENDENTES. Estas pezas artísticas serán expostas de xeito que se poida interactuar con elas e facer performance sentindo estas Peles.







OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA E POESÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.



No marco do proxecto Trenzas temos organizados numerosos obradoiros relacionados co mundo artístico.  Empezamos cos obradoiros de Papiroflexia, facendo pequenas esculturas con follas de papel (flores, animais, sombreiros, barcos...) Fusionamos papiroflexia e poesía, moldeando un poema de Rosalía de Castro " Miña Santiña, Miña Santasa" onde fala dunha Costureira.












INTERVENCIÓN ARTÍSTICA COSTUREIRAS IX: MULLERES-RELOXIO.



Nesta intervención estamos facendo "Mulleres-Reloxio" xogando coa idea das interminables xornadas que teñen as mulleres: dentro e fora das casas.
Trazamos esfereras e pintamos os contornos dos círculos inspirándonos na obra de Gunther Forg. As manchiñas da súa obra son como a suma de horas á semana que se van acomulando nos reloxios ao longo da semana.



OBRAS DE GUNTHER FORG

Fumos montando os reloxios poeñendo os "ouriciños de lá" que fixeron as familias (no lugar dos números dos reloxios reais) inspirados na obra de Sheila Hicks. Simbolizan as numerosas horas que teñen que tecer para poder conciliar todos as faces da súa vida. As agullas do reloxio son agullas de calcetar, de coser, de ganchillar...xogando coa propia metáfora que nos ocupa de Costureiras de Mar e de Terra.