Páginas

COÑECENDO O CEIP HEROINAS DE SÁLVORA I: CLUBE DE MEDIACIÓN.


Pouco a pouco, iremos facendo entradas para que coñezades o noso colexio. No Ceip Heroínas de Sálvora contamos con un clube de mediación entre iguais.
No primeiro trimestre a orientadora do centro forma ao alumnado de 6º de Primaria para dotalos de recursos para que poidan mediar nos conflictos que poidan xurdir entre outros nenos e nenas do colexio. No segundo e terceiro trimestre fan as intervencións. Este curso, para darlle difusión decidimos deseñar este autocolante e chapas a partir dun debuxo dun neno da clase de 6º que nos pareceu tremendamente significativo.

ILUSIÓNS ÓPTICAS: MATEMÁTICAS E ARTE NA NOSA BIBLIOTECA.

Este curso nas bibliotecas galegas estase traballando o tema das matemáticas nas súas múltiples facetas. Dende o Ceip Heroínas de Sálvora deseñamos un almanaque fusionando este eixo temático cas cores do proxecto TRENZAS, escollendo un fragmento da obra de Escher. Artista que xoga coas ilusións ópticas. Bolboretas de cores que fan cóxegas ás musas que viven entre os libros da nosa biblioteca.