Páginas

PRESENTACIÓN DO COLEXIO PÚBLICO HEROÍNAS DE SÁLVORA (AGUIÑO)

Ola a todas e todos!



Somos o colexio Ceip Heroínas de Sálvora. O noso centro está en Galicia, na provincia de A Coruña, concretamente no pobo de Aguiño, parroquia que pertence ao concello de Santa Uxía de Ribeira. Somos un pobo de identidade mariñeira.
Somos 209 alumnos e alumnos e un claustro de 19 Mestres e mestras.
O proxecto "trenzas" ten como nexo en común a aposta pedagóxica do desenvolvemento das competencias a través da introducción e inclusión das diversas manifestacións artísticas e de procesos de creación na vida diaria da escola, cuestión  que xa  levamos varios anos moldeando no noso centro: a través da literatura, artes plásticas, música, artes escénicas...
Pouco a pouco iremos colgando neste blog distintos intres da vida da nosa escola, latidos artísticos sobre diversos escenarios de aprendizaxe integral (a biblioteca como centro neurálxico de recursos, os corredores como espazos de convivencia, departamento de orientación como brúxula da diversidade e intelixencia emocional, aula de inglés como pasaporte a achegar outras culturas, instalacións deportivas onde conectamos a mente e o corpo, aula de música onde as musas bailan sobre pentagramas,aula de artística onde os/as artistas xogan a roda cos nosos nenos e nenas facendolle cóxegas...e un longo "etc" que a miúdo crea interxecións de espazos e de creación de universos de coñecementos. Temos a gran sorte de que as nosas familias participan activamente en todas as propostas que se lle proponen e isto, sen lugar a dúbidas, enriquecerá este proxecto.



A través da entradas neste blogue iremos expondo como traballamos a Educación Artística na nosa escola: cuestións metodolóxicas, organizativas, recursos, plantexamentos...

Para a nosa presentación eleximos unha foto de gran grupo deste nadal, onde estamos disfrazados de Apañacastañas, personaxes que axudan ao Apalpador a recoller castañas para agasallar a os nenos e nenas galegos/as no Nadal.


Deixamos tamén un guiño dunha das exposicións sobre as que estivemos traballando este curso: " Panos: Bágoas de desigualdade", onde o obxecto de estudo, investigación, creación...foi a violencia de xénero, tema onde ten que estar presente a arte como compromiso social. Podemos coñecer máis actividades artístiscas que se fixeron en torno a esta conmemoración neste enlace da nosa biblioteca da Rata Honorata. (con instalacións artísticas,performance, paneis de reflexión...)



 O proxecto "Trenzas" é un motor de motivación, de movemento...como a arte que busca crear novos universos na escola...e por extensión na vida. Avante  mariñeiros/as de lenzos doces e salgados!