Páginas

DANDO OS ÚLTIMOS RETOQUES AO GRAFFITI DO PATIO COA ARTISTA SARAH PORTELA.

 O proxecto Trenzas permítenos gozar e  sentir todos os pasos de creación das distintas obras de arte que estamos facendo no Ceip Heroínas de Sálvora. Neste caso o proceso  da obra que estamos facendo no patio coa artista Sarah Portela. É moito máis que un graffiti sobre un muro, son as cores dunha homenaxe ás avoas, as costureiras e redeiras e a todas as mulleres da parroquia. É un relato visual.








JOAN DOMÈNECH VISITA O CEIP HEROINAS DE SÁLVORA.




Esta semana tivemos a oportunidade de coñecer e contar coa presenza no Ceip Heroínas de Sálvora de Joan Domènech. O proxecto Trenzas danos a oportunidade de seguir medrando como profesionais a través de distintas acción formativas que nos permitan dar resposta ás novas demandas sociais : visitas a outros colexios,  coñecer proxectos educativos de distintos lugares, …e este sábado Joan Domènech visitou a nosa escola en Aguiño e compartiu co noso claustro os seus coñecementos filosóficos e pedagóxicos. Joan Domènech traballa como mestre na escola de Barcelona Fructuos  Gelabert, escola que visitamos o curso pasado, tamén dentro do marco do proxecto Trenzas.
 Foi todo unha honra e un privilexio compartir conversas e reflexións cun profesional que leva décadas investigando e reflexionando dende a realidade das aulas , apostando por unha pedagoxía lenta. Moitas grazas Joan Domènech polo teu tempo e o polo teu compromiso social e pedagóxico !
O noso agasallo, como intercambio de culturas entre escolas a través da arte, foi unha escultura do artista local Jontxu Argibay. Esta escultura tamén foi levada aos encontros en Valencia para as escolas participantes no proxecto Trenzas.


SEGUIMOS OS OBRADOIROS COA ARTISTA RUTH MONTIEL


Esta semana volveu a estar con nós a artista Ruth Montiel. O tempo non nos acompañou e non puidemos facer as intervencións nas árbores do patio. Os/as artistas tamén  atopan  adversidades, así que buscamos materiais alternativos como tubos de catóns que simularon ser troncos, sobre os que pegamos olliños de pedras.
 De novo, moitas grazas Ruth Montiel!




XOGANDO E CREANDO COA LUZ: ESCULTURAS DE POLLOCK





 A luz permite entrar nas entrañas das obras de arte. Neste caso fixemos esculturas coa obra de Pollock, xogando con teas e utilizando o noso propio corpo como lenzo.

OBRADOIROS DE SAMAIN II: CABAZAS DE GUNTHER FORG E CONTO-CANCIÓN DA BRUXA BRUXEIRA

Outros dos obradoiros que fixemos polo Samaín foi pintar cabazas utilizando a técnica do artista Gunther Forg.