Páginas

DESPEDIDA DO CEIP HEROINAS DE SÁLVORA: ....UN "ATA SEMPRE". MOITAS GRAZAS POR TANTO!

...E de novo o almanaque vístese de Xaneiro. Fai un ano que comenzamos este proxecto de Educación Artística titulado "Trenzas" onde tres centros educativos apostaron pola Arte na escola, e por extensión na vida. Foi un proxecto no que "trenzamos" infinidade de vivencias entre as tres escolas, un proxecto no que poetizamos o aire, o tempo e o espazo (físico, existencial..)
Ao longo de todo o blogue podemos observar como a Arte entrou e saíu renovado das nosas escolas a través de diversos procesos artísticos que impregnaron e tatuaron a nosa pel en forma de teatro, música, obras plásticas,...con pentagramas, notas musicais, disfraces, pinturas, lenzos, emocións, xogos de luz, de espello, de area...


No noso album vivencial quedan imaxes e emocións para a lembranza e o medrar como escola viva e dinámica:
- Obradoiros con artistas e profesionais de distintos ámbitos que nos fixeron vibrar ( Jontxu Argibay, Sarah Portela, Laura Piñeiro, Loli Regueira, Elia Núñez, Cristina Rodríguez....), a nosa escola lateu ao ritmo da escultura, das obras plásticas, do graffiti, da danzaterapia, papiroflexia...







- Procesos de creación que se desenvolveron no marco deste proxecto : comprometidos cos valores democráticos, experimentando con infinidade de técnicas e materiais....creando universos onde as oportunidades de sentir son posibles.



 







- Referentes artísticos da historia da arte, poñendo o acento na Arte Moderna e Contemporánea.




 - Xuntanzas de profesorado e alumnado en Barcelona e Valencia, que fixo máis sólidas as pontes que trenzamos apostando pola diversidade (cultural, paisaxística, lingüística...)
- Formación de profesorado: Esta foi unha oportunidade de ouro para seguir medrando como profesionais,visitando outras escolas como as Catalanas de Nova creación, de  contar coa visita a Aguiño de Joan Domenech, de compartir cos centros participantes espazos de debate, reflexión...
- A aposta polos ateliers, espazos presenciais e metafóricos onde a arte deixa de ser unha anécdota, seguindo a estela de escolas como as de Reggio Emilia, Pistoia, San Miniato..
- Implicación das familias, enchendo de cores e emocións compartidas, todo o colexio.

  



 - Montaxe de exposicións invitando a toda a comunidade educativa a participar: visitándoas, intervindo nas obras, reflexionando...


- Performances onde o noso corpo formou parte de numerosas obras interactivas:




Como broche final, para rematar este proxecto no Ceip Heroínas de Sálvora preparamos unha exposición para compartir con toda a comunidade educativa. Trátase das obras de "Ata que a morte nos separe? e "Polisemias: coroas". Son pezas artísticas que forman parte do proxecto "Desdebuxar", traballando o tema da violencia de xénero.
"Ata que a morte nos separe?" Presenta 7 noivas feitas con carboncillo (material que permite ser desdebuxado polos/as visitantes).7 son as mulleres galegas asasinadas durante o 2015. O propio título invita a reflexionar sobre o tema que nos ocupa. Cos velos da noivas fixemos performaces, onde o velo foi convertido nunha tea de araña como metáfora da vida das mulleres maltratadas.






















"Polisemias: coroas". Xoga ca propia palabra "coroa" a través dunha instalación que busca representar un ceminterio onde están as 7 mulleres galegas asasinadas.









 Cada unha, cunha coroa de flores, coroa que fala da morte fronte a coroa asociadas a princesas sumisas e anuladas.Estas coroas de flores están feitas con pezas artísticas inspiradas en Sheila Hicks polas familias de Aguiño. Neste ceminterio-escenario a través das esquelas podemos coñecer a mulleres de todas as idades, con diversas profesións, mulleres sen soños cumpridos...Cada muller está acompañada polo seu retrato.Inclúese un espazo In Memoriam para que os/as visitantes poidan asinar.




























Foi un pracer compartir esta experiencia artística xunto coas escolas de Zer Alt de Segrià (Lleida) e o Ceip Mare de Deu dels Xics (Valencia). Foi un ano intenso, foi un ano que desexamos repetir para seguir medrando como comunidade educativa. Grazas por todo o que nos aportáchedes!
Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado do Ceip Heroinas de Sálvora, o seu compromiso fixo que este proxecto fora artisticamente emocionante.
Moitas grazas a todas as familias de Aguiño, a súa implicación  nutriu  este proxecto de significatividade e ilusión, traspasando paredes e muros, espallando arte por toda a parroquia.







Moitas grazas a Anpa do Ceip Heroínas de Sálvora, por estar sempre ai apostando pola innovación e o ensino público de calidade.
Moitas grazas a todas aquelas persoas que aportaron o seu graniño artístico de area....
MOITAS GRAZAS POR TANTO!