Páginas

UN CANTO AO MAR: CANCIÓNS DO CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA


Estra obra de Granell titulada "Un canto ao mar" busca ilustrar esta entrada onde recollemos distintas cancións que compón o noso mestre de música ensinándollas ao noso alumando e a toda a comunidade educativa. Son cancións de datas significativas, convertíndose en moitas ocasións en Himnos que perduran no tempo e quedan tatuadas na memoría colectiva dos nosos corazóns. A música é un dos pilares fundamentais de Trenzas.

Polo Día da Muller Traballadora:
Polo Entroido:
Pola Candeloria:
Polo Día en contra da violencia de xénero:
O Apalpador no Nadal:
A Ghusanitada no Nadal:
Adicada a Malala.
Adicado ás mulleres traballadoras.
 

ROSALÍAS VI: "ROSALÍAS MUSICADAS"

O Ceip Heroínas de Sálvora ademáis de participar no proxecto Trenzas, participa noutros proxectos nos que tamén está presente a arte.
Xunto co Ceip Plurilingüe de Frións, participamos nun proxecto de innovación lingüística titulado "Labirintos: Realidades aumentadas, realidades inclusivas" . Un proxecto que busca a través dos códigos QR fusionar tecnoloxía, lingua e atención á diversidade, implicando a toda a comunidade educativa.
Ademáis tamén estamos facendo intercambios de proxectos escolares cunha escola de Perú en Pachacútec (Deserto do Callao, zona limítrofe con Lima), "Palabras con ÁS".
Este é un exemplo de materiais elaborados que fusionan a esencia dos tres proxectos mencionados: Trenzas, Labirintos e Palabras con AS.
Trátase dunha presentación de obras de arte de Luis Seoane con Códigos Qr que nos leva a poemas musicados de Rosalía de Castro.

A primeira palabra con "As" que lle enviamos a Pachacútec foi "redes" ilustrada con obras de Maruja Mallo, porque nos pareceu tremendamente significativa a nivel de identidade de Aguiño.

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA COSTUREIRAS V: HOMENAXE ÁS REDEIRAS DE GRANELL

 Como xa dixemos, estamos facéndolle unha homenaxe ás costureiras de mar e de terra. As redeiras (tamén chamadas "atadoras") é o tema central desta obra de Mario Granell  que estamos tomando como referencia e inspiración.

Ademáis de esta obra de Granell, fixemos unha pequena presentación de obras onde aparecen mulleres cosendo redes. Salientar os artistas valencianos Sorolla e  Freijo Abejón.

Este curso tivemos a sorte de que nos visitou Manolita, unha redeira de Aguiño que sabe moito de redes e do mar. Explicounos como se cosen as redes, e cantounos cancións con sabor a salitre.

Grazas Manolita por compartir con nós a túa sabiduría salgada!

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA "COSTUREIRAS IV": PRESENTACIÓN DE MULLERES COSENDO

Esta presentación atopada en internet presenta obras de arte onde aparecen mulleres cosendo, referentes artísticos para traballar nas aulas.
Tamén podemos atopar aquí unha galería para traballar este tema.

OBRA DE SEOANE COAS CORES DO PROXECTO TRENZAS.



 Esta obra de Luis Seoane recolle as cores do Proxecto Trenzas: azul, vermello e amarelo. Son obras feitas con proxector,  papel continuo e témperas sólidas. Por todo o noso colexio hai guiños de obras de este artista.



LETRAS, SÍLABAS...PALABRAS DE CORES. OBRADOIRO DE MANUALIDADES.



Se vestimos e maquillamos as letras, faremos coreografías cheas de vida. Vida que se transmitirá nos escritos dos nosos nenos e nenas. 
Tamén podemos escribir sobre estas táboas decoradas feitas nun obradoiro de manualidades e mandalas,con blocs de notas.




AMBIENTACIÓN: COMPOSICIÓNS XEOMÉTRICAS.





 
 




Estas cortinas de aula son composicións xeométricas con papel de burbulla feitas con xogos artísticos.