Páginas

MOSTRA DE TEATRO "HEROÍNAS DE SÁLVORA" NA ÚLTIMA SEMANA DE CURSO.

A última semana de curso celebraremos unha mostra de teatro onde os cursos interpretarán distintas obras de teatro nas que estiveron traballando durante todo o curso. Asistirán ás familias e poderán gozar dunha fusión de obras plásticas, música e teatro, arterias principais do proxecto Trenzas despedindo o curso dun xeito artístico.

HIMNO DO CEIP HEROINAS DE SÁLVORA INTERPRETADO POLO ALUMNADO E PROFESORADO DA ESCOLA E MUSICADO POLA RONDALLA DA PARROQUIA DE AGUIÑO.










 Este curso estreamos nome de colexio "Ceip Heroínas de Sálvora" e Dani, o mestre de música, compuxo un himno que foi musicado pola rondalla da parroquia de Aguiño. Esta semana interpretámolo, fusionando as nosas voces coa  música dos instrumentos da rondalla. Moitas grazas á Rondalla de Aguiño por encher este himno-homenaxe ás Heroínas de Sálvora de sentimento cos vosos instrumentos!
 Podemos escoitar o HIMNO DO NOSO COLEXIO


HEROÍNAS DE SÁLVORA
VALENTÍA E CORAXE
HEROÍNAS DE SÁLVORA
HUMANITARIA VIAXE

Catro soles na tormenta
Catro mulleres valentes
Salvaron da súa morte
Medio centenar de xente

estribillo

Os seus nomes lembraremos
Josefa e Cipriana
Cipriana e María
Como exemplo vos temos

estribillo
 


 



PINTANDO CON XIRINGUILLAS SOBRE SOPORTES E NO PATIO.

















INTERVENCIÓN ARTÍSTICA NO PATIO DO COLEXIO COAS FAMILIAS DO CEIP HEROINAS DE SÁLVORA.















Esta semana as familias do Ceip Heroínas de Sálvora fixeron unha intervención artística sobre os barrotes do perímetro do patio. Foi realmente emocionante poder observar e sentir como se implicaron nesta obra de arte colectiva, que sen lugar a dúbidas, imprime carácter e identidade artística ao noso centro. Moitas grazas a todas as familias de Aguiño polo seu entusiasmo e a súa pegada artística! Unha vez máis grazas á valiosísima colaboración da ANPA, un pilar fundamental na nosa comunidade educativa.