Páginas

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA: "COSTUREIRAS II" PROPOSTAS PARA FACER COAS FAMILIAS

Esta semana fixemos unha proposta ás familias para facer unha obra de arte textil colectiva, tomando como referente a obra de Sheila Hicks. Consiste en que cada unha faga unha especie de "ourizo de mar" con fios, con lá, con teas...con aqueles obxectos que desexen. Entre todas faremos distintas obras de arte. Sen lugar a dúbidas, o propio proceso de creación destas pezas artísticas recolle a esencia do proxecto Trenzas, onde se vai trenzar continuamente infinidade de fios para crear novas formas.

Nas titorías proxectouse esta pequena presentación, para coñecer distintas pezas de arte textil de Sheila Hicks.


 Coas pezas artísticas de Sheila Hicks das familias fixemos infinidade de obras de arte e de xogos.