Páginas

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA "BALEIROS VI: LINGUA A REMOLLO" (SEMANA DA PRENSA)


 Trátase dunha escultura que busca ser un espazo de reflexión sobre a ausencia do galego nos medios de comunicación. Por que non hai máis prensa en galego? Un baleiro presente en todos os kioskos de Galicia. Acontecerá o mesmo en Lleida e Valencia co catalán?
Esta escultura está situada na biblioteca do colexio. Os nenos e as nenas porán " a remollo" dentro da escultura etiquetas con posibles soluccións para que o galego estea máis presente nos baleiros que se recollen en todas as pezas da exposición.










Como se fixo? Son xornais envoltos como se foran "linguas atadas" e dentro dunha caixa encolada con papel de burbullas simulando ser a auga onde están de remollo, como metáfora da necesidade de reflexión.
Os nenos e as nenas estoupan as burbullas como acción simbólica da necesidade de baleirar de aire sen contido.