Páginas

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO I: DESDEBUXAR. Xogando co concepto de "debuxar" e "desdebuxar"













  No mes de Setembro comezamos este proxecto sobre a violencia de xénero, xogando coa idea de "desdebuxar" as distintas partes da cara como metáfora de como unha muller cando sufre o maltrato se lle vai borrando a súa autoestima, van desaparecendo as súas conexións co mundo,....
Traballamos o tema do retrato na historia da arte, buscamos exemplos retratos e autoretratos, observamos as nosas caras...A través de diversos poemas e cancións corporais fumos facendo retratos colectivos e individuais.



Todos os retratos que fixemos teñen nome e unha historia de vida, como cada unha das mulleres maltratadas.



 Fumos reflexionando para que serven cada unha das partes da cara: para que serven os ollos? para que serve a boca?