Páginas

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA COSTUREIRAS V: HOMENAXE ÁS REDEIRAS DE GRANELL

 Como xa dixemos, estamos facéndolle unha homenaxe ás costureiras de mar e de terra. As redeiras (tamén chamadas "atadoras") é o tema central desta obra de Mario Granell  que estamos tomando como referencia e inspiración.

Ademáis de esta obra de Granell, fixemos unha pequena presentación de obras onde aparecen mulleres cosendo redes. Salientar os artistas valencianos Sorolla e  Freijo Abejón.

Este curso tivemos a sorte de que nos visitou Manolita, unha redeira de Aguiño que sabe moito de redes e do mar. Explicounos como se cosen as redes, e cantounos cancións con sabor a salitre.

Grazas Manolita por compartir con nós a túa sabiduría salgada!