Páginas

ROSALÍAS VI: "ROSALÍAS MUSICADAS"

O Ceip Heroínas de Sálvora ademáis de participar no proxecto Trenzas, participa noutros proxectos nos que tamén está presente a arte.
Xunto co Ceip Plurilingüe de Frións, participamos nun proxecto de innovación lingüística titulado "Labirintos: Realidades aumentadas, realidades inclusivas" . Un proxecto que busca a través dos códigos QR fusionar tecnoloxía, lingua e atención á diversidade, implicando a toda a comunidade educativa.
Ademáis tamén estamos facendo intercambios de proxectos escolares cunha escola de Perú en Pachacútec (Deserto do Callao, zona limítrofe con Lima), "Palabras con ÁS".
Este é un exemplo de materiais elaborados que fusionan a esencia dos tres proxectos mencionados: Trenzas, Labirintos e Palabras con AS.
Trátase dunha presentación de obras de arte de Luis Seoane con Códigos Qr que nos leva a poemas musicados de Rosalía de Castro.

A primeira palabra con "As" que lle enviamos a Pachacútec foi "redes" ilustrada con obras de Maruja Mallo, porque nos pareceu tremendamente significativa a nivel de identidade de Aguiño.