Como xa dixemos nunha anterior entrada, este curso iniciamos un proxecto de Innovación Lingüística introducindo códigos Qr na nosa práctica educativa. Xogando con esta idea facemos decidimos facer composicións onde estea presente a idea do Labirinto. Inspirados na obra de Malevich, Mondrian e Oiticica fixemos composicións con táboas de distintas cores, tamaños e texturas.
MALEVICH
MONDRIAN
HELIO OITICICA
Coma sempre primeiro xogamos co material, describímolos, experimentamos a través dos sentidos...
As composicións foron libres e a través de distintos xogos artísticos.