Páginas

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA : "BALEIROS" I: "PORTAS BALEIRAS"



 O 21 de Febreiro celébrase o día da Lingua Materna. No colexio fixemos unha intervención artística que pretendeu ser un espazo interactivo de reflexión sobre os "baleiros" do galego, as ausencias da nosa lingua en espazos cotiás moi próximos a todos/as nós: cantos produtos etiquetados en galego temos na neveira? cantos produtos etiquetados en galego temos no botiquín? no baño? ...



" Portas baleiras" son dúas esculturas feitas con papel de xornal, invitando a reflexionar: cantas novas atopas en galego? cantas revistas en galego atopas no kiosko? cantos xornais en galego atopas para mercar? Trátase dunha escultura interactiva, posto que o espectador/a pode pasar polo seu interior, sentindo o "baleiro" . Estas esculturas están inspiradas nas estruturas de Chillida e Silverio Rivas. Moitas das súas esculturas xogan co vento, esperemos que o vento mareiro tamén pase polas nosas "Portas Baleiras" e lle leven mensaxes en galego os nenos e nenas de Lleida e Valencia.

Coma sempre antes de facer as obras de arte xogamos co material e interactuamos con el corporalmente.





Cando iniciamos este proxecto adicamos varias sesións a sentir corporalmente o concepto cheo-baleiro a través de distintos obxectos: caixas, botes, letras...