Páginas

INTERVENCIÓN ARTÍSTICA SOBRE O ALZHEIMER I: SERIE DE VAGALUMES








No mes de Xaneiro fixemos unha serie de actividades en torno ao tema do Alzheimer (charlas grazas ao Centro de día de Ribeira, cine,...) Actividades de sensibilización cara esta enfermidade. A nivel artístico fixéronse unha serie de intervencións artísticas. A exposición constou de tres espazos fundamentalmente:
- Espazo expositivo.
-Espazo interactivo.
-Espazo reflexivo.
"Vagalumes da memoria" da título a esta exposición e consiste nunha serie de obras onde as sombras da desmemoria van avanzando. Progresivamente podemos observar como as paixases interiores e exteriores van tornándose negras, chegando a noite da enfermidade.
Como foi feita esta serie?
 - Presentáronse fotografías da comarca sobre policarbonato. Describironse e se plantexou ao alumnado que elementos da paixase non querían que desparecerán.






- Cada neno/a foi escollendo e o resto da paisaxe cubriuse da oscuridade da desmemoria do Alzheimer.


Deseñamos este autocolante e cartel para difundir a exposición (Fragmento da obra de Van Gogh)