Cando a dor e o teu pesar ocultan
quen es
porque te desprezan e non te queren
ben.
Cando o teu rostro comeza a esmorecer
mira o teu reflexo non te deixes
vencer.
Sen ollos pra
poder ver,
sen cellas que
vou facer.
Sen nariz pra
respirar,
sen boca coa
que berrar.
Sen orellas e
outra vez…
desdebuxando o teu ser!
desdebuxando o teu ser!