Páginas

OBRADOIROS DE ARTE COAS FAMILIAS INSPIRADOS NAS INSTALACIÓNS DE JACOB HAHISMOTO: ARTE-DIVERSIDADE-EMOCIÓNS.












Este martes fixemos obradoiros coas familias. Montouse unha instalación no corredor inspirada nas obras de Jacob Hahismoto. As pezas artísticas foron feitas nos obradoiros da I Semana da Diversidade e da Orientación, sumándose as que fixeron as familias con distintas técnicas: Arte, emocións e diversidade...Círculos que buscan ser a continuidade do noso logo das Heroínas de Sálvora.


Cada peza artística ten códigos Qr que levan os sorrisos feitos dende o Departamento de Orientación con distintos materiais, deste xeito convírtese nunha instalación interactiva que apela a intelixencia emocional. A continuación presentamos fotos do obradoiro onde o alumnado fixo as caras con expresións sorrintes que se poden atopar scaneando os códigos qr da instalación.