"A ARTE É UN XOGO" (M. Duchamp)
Páginas
COÑECENDO O CEIP HEROINAS DE SÁLVORA VI: AULA DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA
"A ARTE É UN XOGO" (M. Duchamp)
COÑECENDO O CEIP HEROINAS DE SÁLVORA V: O TÚNEL DO TEMPO
Cando facemos algún proxecto, algunha exposición... deseñamos carteis para darlle difusión entre a comunidade educativa. Cando o evento remata conservamos unha copia que pasa a formar parte do noso "túnel do tempo", un percorrido visual e cronolóxico de moitos anacos que forman parte da historia da nosa escola. Os carteis que deseñemos durante o proxecto Trenzas serán enviados ás escolas de Lleida e Valencia, xa que o consideramos material de difusión cultural-artística, tanto polo seu formato, como polos guiños que soen ter a distintos fragmentos de obras de arte.
COÑECENDO O CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA IV: ESPAZOS DE ESTIMULACIÓN.
No corredor de Educación Infantil temos un espazo de estimulación con caixas de contidos sensoriais: lentellas, area, fabas, papel triturado.... Tamén é un espazo de autonomía e convivencia entre todas as idades de Infantil.
COÑECENDO O CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA III: OS CORREDORES COMO ESPAZOS DE CONVIVENCIA.
Nos corredores da escola temos espazos de convivencia, onde podemos ler, falar cos compañeiros e compañeiras de distintas clases. Tamén podemos relaxarnos, resolver posibles conflictos, xogar nos recreos de chuvia, ...Son espazos para SER e ESTAR.
COÑECENDO O CEIP HEROINAS DE SÁLVORA II: A NOSA BIBLIOTECA
No noso colexio temos una biblioteca central, onde se realizan gran diversidade de actividades: clube de lectura, préstamos, exposicións, charlas, obradoiros, ...Nos recreos o alumnado de sexto son os/as encargados/as de facer os préstamos. Sen lugar a dúbidas, é un espazo moi importante de documentación e ilustración para o proxecto Trenzas.
Tamén temos bibliotecas de aula e libros nos corredores para gozar deles cando se desexe.
Na aula de Educación Artística estamos intentando facer unha biblioteca especializada en temas relacionados coa Arte.
O Equipo de Biblioteca, o Equipo de Tics e o Departamento de Orientación están facendo un banco de contos relacionados coas emocións e a Educación en Valores, tanto en soporte papel como dixital.
Todos os días temos unha franxa chamada "Hora de Ler" adicada a lecturas de distinta natureza: poesía, relatos,...son feitas na biblioteca, nas aulas e nos corredores.
QUALSEVOL DIA POT SORTIR L'ESTIMA...
En la nostra visita al CEIP. Heroínas de Sálvora, recollirem un repte... "Debuxa un corazón"... amb motiu del dia de l'Amor en Galicia, el 2 de febrer. A la Comunitat Valenciana, el dia dels enamorats és el 9 d'octubre, Sant Dionís. En Catalunya, el 23 d'abril, Sant Jordi i a la resta d'Espanya... San Valentin, el 14 de febrer, així que hem pensat que com tots els dies són bons per a estimar-se i per a viure amb cordialitat i en pau, hem omplit els corredors del nostre col·legi amb missatges d'amor i pau.
PAU I ESTIMA on PhotoPeach
I a la porta del centre hem posat aquest cor gegant, per a arreplegar cartes d'estima dels nostres alumnes.
COÑECENDO O CEIP HEROINAS DE SÁLVORA I: CLUBE DE MEDIACIÓN.
Pouco a pouco, iremos facendo entradas para que coñezades o noso colexio. No Ceip Heroínas de Sálvora contamos con un clube de mediación entre iguais.
No primeiro trimestre a orientadora do centro forma ao alumnado de 6º de Primaria para dotalos de recursos para que poidan mediar nos conflictos que poidan xurdir entre outros nenos e nenas do colexio. No segundo e terceiro trimestre fan as intervencións. Este curso, para darlle difusión decidimos deseñar este autocolante e chapas a partir dun debuxo dun neno da clase de 6º que nos pareceu tremendamente significativo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



