Por unha banda temos unha proposta de obra interactiva "Fendas", que consiste nunha caixa chea de teas que hai que ir manipulando para crear distintas composicións, interactuando coa arruga e a súa beleza. Este xogo artístico está inspirado na obra de Piero Manzoni.
Observamos e xogamos coas nosas propias arrugas:
Outra obra " Pegadas no tempo", inspirada en Simon Hantai, trátase de facer coa técnica da estampación centos de formas a partir de papeis de distinta natureza arrugados.