Páginas

OBRADOIROS DE ART-STREET-GRAFITTI COA ARTISTA SARAH PORTELA I












Sarah Portela é unha artista de Arte Urbano, que consigue coa súa arte dotar de vida espazos que precisan reinvencións. Estanos ensinando a facer grafittis con distintas modalidades (con plantilla, a man alzada,...) Fixemos nos nosos cadernos debuxos que servirán de inspiración ás musas.Estamos intervindo sobre o muro do patio e as paredes do ximnasio. Moitas grazas Sarah Portela por facer que latexen as emocións nos muros da nosa escola!