Páginas

COÑECENDO O CEIP HEROINAS DE SÁLVORA X: LITERATURA NOS CORREDORES COMO ESPAZOS DE CONVIVENCIA.


 Xa comentamos nalgunha ocasión que potenciamos que os nosos corredores sexan espazos de convivencia. A convivencia tamén se traballa a través da literatura, compartindo lecturas, impresións, observacións das ilustracións, palabras descoñecidas...Grazas as familias que donaron libros á escola, estamos enchendo os corredores de poemas, relatos, contos, revistas...Moitas grazas pola colaboración e por compartir esta aposta pedagóxica!