Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POESÍA. Mostrar todas las entradas

OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA E POESÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.



No marco do proxecto Trenzas temos organizados numerosos obradoiros relacionados co mundo artístico.  Empezamos cos obradoiros de Papiroflexia, facendo pequenas esculturas con follas de papel (flores, animais, sombreiros, barcos...) Fusionamos papiroflexia e poesía, moldeando un poema de Rosalía de Castro " Miña Santiña, Miña Santasa" onde fala dunha Costureira.












DÍA DA POESÍA: AGASALLAMOS AS PERSOAS QUE QUEREMOS CUN POEMA.






Para conmemorar o Día da Poesía cada neno/a levou para a súa casa un poema dun autor/a galego/a para agasallar a unha persoa a quen queira moito.

ROSALÍAS VII: "EU SON ROSALÍA..."



O alumnado do 3º de Primaria protagoniza un vídeo no que podemos sentir os latexos da poesía de Rosalía de Castro. Presentan as súas emocións na biblioteca do colexio, onde a poesía ocupa un espazo moi importante.

ROSALÍAS IV: "EU SON ROSALÍA CANDO..."


Cada neno/a vai poñendo a súa etiqueta sobre o retrato de Rosalía, cunha frase que comeza dicindo "Eu son Rosalía cando..." e sumando ideas, sensacións, emocións que nos produce a súa obra...

ROSALÍAS III: CALIGRAMA DE "ADEUS RIOS, ADEUS FONTES" DE ROSALIA DE CASTRO.

"Adeus Ríos, Adeus Fontes" é un dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro. A letra deste poema da vida a este caligrama que debuxa o rostro da escritora. É un poema inspirado na obra de Apollinaire. Nos caligramas xogamos coa tipografía, o espazo...tal e como facía tamén o poeta catalán Joan Brossa.

Con este poema achegamos paisaxes galegos interiores e exteriores ás escolas Trenzas.