No mes de Setembro comezamos este proxecto sobre a violencia de xénero, xogando coa idea de "desdebuxar" as distintas partes da cara como metáfora de como unha muller cando sufre o maltrato se lle vai borrando a súa autoestima, van desaparecendo as súas conexións co mundo,....
Todos os retratos que fixemos teñen nome e unha historia de vida, como cada unha das mulleres maltratadas.
Fumos reflexionando para que serven cada unha das partes da cara: para que serven os ollos? para que serve a boca?