No faladoiro tamén nos contou como son os seus procesos de creación, os materiais que utiliza, moldes,instrumentos...Foi todo un pracer escoitalo e que nos fixera partícipe do seu saber e sentir artístico.
Cada neno e nena trouxo area que será devolta á praia e que nos serve para facer unha escultura da nosa pegada da nosa man.
As "pegadas da arte", as "pegadas da escola"...en definitiva,"as pegadas da vida". Moitas grazas Jontxu!