O alumnado de 6º de Primaria presentou as súas investigacións sobre a diversidade funcional, focalizadas no motórico, visual e auditivo.
Estas investigacións foron feitas durante varios meses polas tardes na Biblioteca e no seu tempo persoal.
Facendo bosquexos para a creación de obras de arte:
No espazo e tempo de investigación houbo sesións de dinámicas de distinta natureza.
Obradoiros de sensibilización cara linguaxes alternativas e aumentativas:
Sesións de Danzaterapia:
Froito destas investigacións crearon distintas obras de arte onde está presente o compromiso social da igualdade de oportunidades cando falamos da diversidade funcional.
OBRA REFLEXIÓN MOTÓRICA.
OBRA REFLEXIÓN AUDITIVA.
OBRA REFLEXIÓN VISUAL.