Os parangolés que pintamos inspirados en distintos artistas (Pollock, Calder...) forman parte dos obradoiros de teatro de improvisación que estamos facendo en Educación Infantil. Partimos duns elementos comúns: parangolés e caixóns de mesillas de noite, a partir de ai cada grupo construe un relato no que participan todos/as.
Por exemplo: Pantasmas que viven nas mesillas de noite que saen polas noites cando os nenos/as están durmindo profundamente. Collen as sabas dos nenos/as para poder pasear por toda a casa: toman café, bailan na alfombra do salón... Cando toca o despertador deben colocarlle a saba de novo ao neno/a e meterse nos caixóns para no ser descubertas.