Páginas

COÑECENDO O CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA: A IMPORTANCIA DE COMPARTIR PARA CREAR.












A importancia de compartir tempos, espazos, recursos, ideas, pensamentos, xogos, sentimentos...é esencial para aprender a vivir en sociedade, para transformar a nosa cultura dun xeito creativo.





As investigacións que facemos compartímolas a través de paneis de expertos/as, facendo exposicións  onde as imaxes ilustran os nosos coñecementos.



COÑECENDO O CEIP HEROÍNAS DE SÁLVORA: OS FALADOIROS.

Os faladoiros son momentos de gran importancia, tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria. Son tempos nos que falamos do noso día a día, dos nosos sentimentos, sobre os distintos temas de investigación, inténtase resolver conflictos,...Apostar polos faladoiros, é apostar pola lingua oral, pola intelixencia emocional, polo "eu" e polo "nós", pola construcción dunha comunidade educativa inclusiva.


As distintas intervencións artísticas organízanse nos faladoiros. O diálogo, o intercambio de impresións, o traballo artístico multidisciplinar...é fundamental na Educación Artística.




Nos faladoiros tamén compartimos as diversas investigacións que facemos (observacións, búsquedas, entrevistas...):







ARRANCA ARTISTICAMENTE O CURSO 2015-2016. CEIP HEROINAS DE SALVORA

 Comeza un novo curso, e con el, as ilusións renovadas para continuar co proxecto de Educación Artística de Trenzas, xunto coa escola de Valencia e Lleida.
Neste proxecto tecemos infinidade de accións artísticas que dan cor e vida ao noso colexio.




Pouco a pouco iremos expoñendo e compartindo todas aquelas experiencias que se van moldeando no Ceip Heroinas de Sálvora, algunhas que comezaron o curso pasado, outras que inician o seu camiño agora, outras que van xurdindo.... Mostramos algúns exemplo que en próximas entradas iremos ampliando e detallando:
 

 Os graffitis de patio de Infantil que busca homenaxear as avoas e as costureiras e redeiras, e por extensión a todas as mulleres da nosa parroquia.

 Xogos con material Waldorf que permite traballar de xeito sensorial todos os elementos da linguaxe plástica xunto con outros aspectos...



 Esculturas efímeras con pinchos de madeira insertando distintos materiais....

Xogos coas emocións.



Xogos artísticos sobre soportes de luz.



Xogos artísticos con area.


Este curso preparamos distintos ambientes de aprendizaxe como organización pedagóxica e apostamos polos faladoiros.




Comezamos a traballar o tema das Migracións.

 Estamos preparando a viaxe a Valencia.
Os referentes artísticos petan nas nosas portas e entran aos nosos ateliers.



Estreamos zapatillas para sentirnos como na casa, estreamos novas ilusións "trenzas"....




...E un longo "etc"co que arrancamos artísticamente este curso 2015-2016.