Páginas

OBRADOIROS DE ARTE COAS FAMILIAS INSPIRADOS NAS INSTALACIÓNS DE JACOB HAHISMOTO: ARTE-DIVERSIDADE-EMOCIÓNS.












Este martes fixemos obradoiros coas familias. Montouse unha instalación no corredor inspirada nas obras de Jacob Hahismoto. As pezas artísticas foron feitas nos obradoiros da I Semana da Diversidade e da Orientación, sumándose as que fixeron as familias con distintas técnicas: Arte, emocións e diversidade...Círculos que buscan ser a continuidade do noso logo das Heroínas de Sálvora.


Cada peza artística ten códigos Qr que levan os sorrisos feitos dende o Departamento de Orientación con distintos materiais, deste xeito convírtese nunha instalación interactiva que apela a intelixencia emocional. A continuación presentamos fotos do obradoiro onde o alumnado fixo as caras con expresións sorrintes que se poden atopar scaneando os códigos qr da instalación.



















OBRADOIROS DE ARTE SOBRE AS HEROINAS DE SÁLVORA.

 Inspirados/as no relato das Heroínas de Salvora fixemos obradoiros rotatorios con distintas propostas artísticas.
OBRAS DE ARTE INSPIRADAS NO LOGO DAS HEROÍNAS DE SÁLVORA.





DORNAS (embarcacións tradicionais da nosa Ría que utilizaron as Heroínas de Sálvora para salvar as persoas do naufraxio do Santa Isabel) As dornas levan un código Qr que conduce a un vídeo musical.









EXPRESIÓN CORPORAL SIMULANDO O DÍA DO NAUFRAXIO DO SANTA ISABEL.

OBRAS A PARTIR DO RELATO QUE CONTA O GRAFITTI DO PATIO: Catro mulleres que vivían en Sálvora, convírtense en catro heroínas tralo naufraxio do Santa Isabel , e éstas convírtense en catro sereas que cando chegan a escola de Aguiño se convírten en catro artistas.