Ao longo de todo o blogue podemos observar como a Arte entrou e saíu renovado das nosas escolas a través de diversos procesos artísticos que impregnaron e tatuaron a nosa pel en forma de teatro, música, obras plásticas,...con pentagramas, notas musicais, disfraces, pinturas, lenzos, emocións, xogos de luz, de espello, de area...
No noso album vivencial quedan imaxes e emocións para a lembranza e o medrar como escola viva e dinámica:
- Obradoiros con artistas e profesionais de distintos ámbitos que nos fixeron vibrar ( Jontxu Argibay, Sarah Portela, Laura Piñeiro, Loli Regueira, Elia Núñez, Cristina Rodríguez....), a nosa escola lateu ao ritmo da escultura, das obras plásticas, do graffiti, da danzaterapia, papiroflexia...
- Procesos de creación que se desenvolveron no marco deste proxecto : comprometidos cos valores democráticos, experimentando con infinidade de técnicas e materiais....creando universos onde as oportunidades de sentir son posibles.
- Referentes artísticos da historia da arte, poñendo o acento na Arte Moderna e Contemporánea.
- Formación de profesorado: Esta foi unha oportunidade de ouro para seguir medrando como profesionais,visitando outras escolas como as Catalanas de Nova creación, de contar coa visita a Aguiño de Joan Domenech, de compartir cos centros participantes espazos de debate, reflexión...
- A aposta polos ateliers, espazos presenciais e metafóricos onde a arte deixa de ser unha anécdota, seguindo a estela de escolas como as de Reggio Emilia, Pistoia, San Miniato..
- Performances onde o noso corpo formou parte de numerosas obras interactivas:
Como broche final, para rematar este proxecto no Ceip Heroínas de Sálvora preparamos unha exposición para compartir con toda a comunidade educativa. Trátase das obras de "Ata que a morte nos separe? e "Polisemias: coroas". Son pezas artísticas que forman parte do proxecto "Desdebuxar", traballando o tema da violencia de xénero.
"Ata que a morte nos separe?" Presenta 7 noivas feitas con carboncillo (material que permite ser desdebuxado polos/as visitantes).7 son as mulleres galegas asasinadas durante o 2015. O propio título invita a reflexionar sobre o tema que nos ocupa. Cos velos da noivas fixemos performaces, onde o velo foi convertido nunha tea de araña como metáfora da vida das mulleres maltratadas.
"Polisemias: coroas". Xoga ca propia palabra "coroa" a través dunha instalación que busca representar un ceminterio onde están as 7 mulleres galegas asasinadas.
Foi un pracer compartir esta experiencia artística xunto coas escolas de Zer Alt de Segrià (Lleida) e o Ceip Mare de Deu dels Xics (Valencia). Foi un ano intenso, foi un ano que desexamos repetir para seguir medrando como comunidade educativa. Grazas por todo o que nos aportáchedes!
Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado do Ceip Heroinas de Sálvora, o seu compromiso fixo que este proxecto fora artisticamente emocionante.
Moitas grazas a todas as familias de Aguiño, a súa implicación nutriu este proxecto de significatividade e ilusión, traspasando paredes e muros, espallando arte por toda a parroquia.
Moitas grazas a Anpa do Ceip Heroínas de Sálvora, por estar sempre ai apostando pola innovación e o ensino público de calidade.
Moitas grazas a todas aquelas persoas que aportaron o seu graniño artístico de area....
MOITAS GRAZAS POR TANTO!